COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMUN
Ribeira, s/n. TORNEIROS. 36410 O PORRIÑO (Pntvdra). 986-337998. CIF: V-36061737
Torneiros, 27 setembro de 2.012
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE COMUNEIROS/AS DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMUN DE TORNEIROS
Que se celebrará o vindeiro DOMINGO, día 7 de OUTUBRO de 2012, ás 8:30 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda convocatoria, no local da Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros, baixo a seguinte
ORDE DO DIA:
- 1º: Aprobación, se procede, da Acta anterior. (*)
- 2º: a) Informe sobre os orzamentos e o seu grao de cumprimento.
- b) Modificacións dos orzamentos e proposta de novos proxectos e inversións.
- 3º: Admisión de novos/as comuneiros/as
- 4º: Nomeamento de Sonia Gonzalvez Herrero como Tesoureira da Xunta Rectora.
- 5º: Informe de asuntos varios pendentes
- 6º: Rogos e preguntas.
A XUNTA RECTORA:
(*) Achégase copia da ACTA da asemblea do 12.05 último para lectura e información previa á súa aprobación.
A documentación relativa á asemblea pódese consultar dende o 27 de setembro, de 16 a 20 horas, días laborais, no local da Comunidade.
Non se admitirán impugnacións totais ou parciais a Asemblea que se reciban despois do 2 de outubro.